ESTUDO DE ARQUITECTURA SEA
SEA Arquitectos é un estudo de arquitectura na Coruña que traballa desde unha idea clara: proxectar espazos que funcionen ben e que, ao mesmo tempo, se vivan con intensidade. Partindo da funcionalidade máxima, cada proxecto desenvólvese pensando no que o usuario percibe cos seus cinco sentidos para conseguir unha experiencia arquitectónica precisa, humana e duradeira.
O noso traballo céntrase en arquitectura contemporánea, vivenda, rehabilitación e interiorismo. Entendemos cada encarga como unha resposta específica ao lugar, á forma de vida do cliente e á atmosfera que debe construír a arquitectura. Non buscamos fórmulas repetidas, senón solucións ben pensadas, coherentes e capaces de sosterse no tempo.
Que nos define
Interésanos unha arquitectura sobria, sensible e ben construída. Unha arquitectura que se apoia na funcionalidade, pero que non queda no técnico; que incorpora emoción, percepción e carácter. Por iso traballamos con atención sobre a luz natural, as proporcións, a textura dos materiais, a relación coa natureza e a forma en que cada espazo acompaña a vida cotiá.
Este enfoque permítenos desenvolver proxectos residenciais e de rehabilitación con alma propia, sempre adaptada ás necesidades concretas de cada encarga. Se queres ver como se materializa esta maneira de traballar, podes percorrer os nosos Seleccionados ou consultar o Listado completo de proxectos.
Equipo SEA Arquitectos
Quen somos:
- Carlos Graña
- Guillermo Pomar Blanco
- Pablo Agulla Santos
- Carmen Rodríguez Villar
- Antía Martínez Méndez
- Diego Díaz Gómez
- Mercedes Hermida Feal
Colaboraron connosco:
- Laura Núñez Leone
- Rebeca Nuevo Mayán
- Dámaris Sánchez Domínguez
- Beatriz Sierra Romero
- Sarai Cancela Cundíns
- Javier Blasco Robaina
- Cruz Calleja Perucho
- Iago Otero Regueira
- Eric Domínguez Díaz
- Raquel Figueroa González
- Alejandro García López
- Roi Hernández Zas
- Silvia Negreira Aboy
- Mónica Lourido Vázquez
- Teresa García Vega
- Lucía Caso Onzaín
- Montserrat Pardiño Ben
- Ángela San Dimas Quindós
- Jacobo González Varela
Carlos Graña
Arquitecto e máster polas universidades da Coruña e Stuttgart. Tras traballar en EE. UU., Alemaña e varios estudos en España, e colaborar na India con Balkrishna Doshi —Premio Pritzker 2018—, fundou o estudo SEA Arquitectos na Coruña. Actualmente, doutorando en arquitectura suíza, combina a práctica profesional coa docencia; foi coordinador do Máster de Deseño e Construción en Madeira en Cesuga e docente na ETSAC e no IUAV de Venecia.

Guillermo Pomar
Arquitecto pola ETSAC, asóciase a SEA Arquitectos despois de traballar en Olot con RCR Arquitectes, premio Pritzker 2017, con Vincent Van Duysen en Amberes e con David Chipperfield Architects, premio Pritzker de Arquitectura 2023.
Cómo traballamos
Somos arquitectos e defendemos unha forma de traballo interdisciplinar na que a suma de coñecementos complementarios permite chegar máis lonxe. Arquitectos, urbanistas, enxeñeiros e especialistas colaboran para acadar un fin común: a mellor arquitectura posible en cada contexto.
Boa parte da arquitectura concíbese só para ser vista. En SEA cremos que tamén debe ser sentida: na luz, na materialidade, na temperatura, na escala e na relación entre interior e exterior. Cada proxecto busca unha atmosfera determinada, unha alma propia para cada cliente, e ese obxectivo guía as decisións desde a idea inicial ata o último detalle.
Obra nova
Plantexamos cada obra nova como unha resposta á funcionalidade máxima do proxecto. A nosa metodoloxía equilibra o rigor técnico e urbanístico cunha arquitectura concibida para os cinco sentidos, onde a luz natural e a materialidade transforman cada vivenda nunha experiencia. Abordamos cada proxecto desde unha relación profunda coa historia, a identidade e a paisaxe do lugar.
Rehabilitación
A nosa experiencia en intervencións sobre o patrimonio arquitectónico abrangue desde pequenas obras de rehabilitación en pisos urbanos ou vivendas tradicionais ata a restauración integral de grandes edificios como a emblemática Casa Escariz ou o Centro Oceanográfico da Coruña. Adaptamos a arquitectura ás súas novas necesidades co máximo respecto á historia construída.
Vivenda
A través do deseño de numerosas vivendas unifamiliares, exploramos unha arquitectura doméstica que responde de forma real á maneira de habitar de cada persoa. Estudamos de forma minuciosa as orientacións e o clima para protexer os fogares. Mediante distribucións funcionais, organizamos os espazos para que o sol da mañá bañe os dormitorios e a radiación da tarde encha as zonas de día.
Interiorismo
Entendemos o espazo interior como unha parte inseparable da arquitectura e da percepción sensorial. A nosa experiencia colaborando con Vincent Van Duysen deunos o coñecemento para abordar proxectos residenciais desde a sensibilidade do material. Deseñamos de maneira integral a atmosfera de cada estancia controlando o confort acústico, a iluminación e o uso da cor para provocar sensacións. Cada detalle debúxase para acompañar cada momento do día.
Informes Periciais
O rigor técnico que aplicamos na fase de deseño e na dirección de obra dótanos da solvencia necesaria para a análise de patoloxías e conflitos construtivos complexos. Avaliamos de forma exhaustiva fallos estruturais, humidades, deficiencias nos materiais e problemas de execución, achegando un diagnóstico obxectivo baseado no sentido común e no comportamento físico real dos edificios. Este coñecemento permítenos emitir ditames periciais claros e robustos, proporcionando aos nosos clientes o respaldo técnico e legal imprescindible para garantir a seguridade dos seus espazos e resolver disputas coa máxima precisión.
Certificados de Eficiencia Enerxética
Avaliamos e certificamos o comportamento dos edificios baixo esixentes criterios de aforro enerxético inspirados no estándar Passivhaus e na eficiencia centroeuropea. Integramos sistemas enerxéticos activos e pasivos e illamentos de alto rendemento que permiten que a arquitectura respire de forma natural. A combinación destas estratexias permítenos proxectar de maneira eficiente. Buscamos o máximo confort interior e unha optimización real do consumo.
Proxectos Hoteleiros
Con máis de 8000 m construídos e grazas á nosa experiencia traballando con Accor, a primeira cadea hoteleira de Europa, temos o coñecemento para desenvolver calquera proxecto neste sector. O traballo integral realizado co hotel Mercure Lugo e coa cadea Ibis Budget dános unha visión moi ampla e profesionalizada do sector. Realizamos a xestión integral de todo o proceso, desde a parte legal, urbanística e de turismo, o proxecto de arquitectura, o proxecto de interiorismo e a dirección de obra.
Laboratorios
Con máis de 3000 m construídos e máis de 5000 m proxectados, contamos coa solvencia técnica para desenvolver espazos de laboratorios de alta complexidade. A nosa experiencia como expertos neste sector permítenos abordar cada proxecto de forma integral, asegurando que cada elemento técnico estea colocado ao detalle para optimizar o fluxo de traballo.
Para máis información: Contacto