REHABILITACIÓN CASA ESCARIZ
A Coruña
Estamos levando a cabo un proxecto de rehabilitación integral da Casa Escariz, unha das obras máis representativas da arquitectura civil na Coruña. Actuar nesta excelente obra de máis de 4.500 m de Eduardo Losada Rebellón require que traballemos cunha gran sensibilidade pola súa historia, polos materiais e pola atmosfera extraordinaria do edificio. Adaptamos espazos de 1930 aos estándares de confort contemporáneos intentando recuperar a súa esencia orixinal.