Volver

PABELLÓN RA


PABELLÓN RA





PABELLÓN RA
Narón

Os límites do espazo non se atopan definidos polo que a sensación é a de estar na natureza e en contacto coa auga. Buscamos a apertura deste espazo ao máximo disolvendo a estrutura cun só piar que sustenta esta lixeira cuberta.

Nese esforzo de alixeirar a arquitectura, tomamos a decisión de proxecto de non chegar ata as últimas consecuencias con vigas e viguetas metálicas de menor sección senón que recorremos a unha estrutura de madeira laminada para xerar unha atmosfera cálida e acolledora.