Volver

CASA LD


CASA LD
































CASA LD
Ferrol

A parcela ten excelentes vistas cara Coruña ao norte. Creamos unha zona de protección dos ventos dominantes do nordeste que se abre cara ao sur cara á zona do alpendre. A zona de día é practicamente diáfana e o seu concepto é a continuidade espacial norte-sur, polo que conseguimos un espazo iluminado dende o sur, aberto ao sol, cara ao alpendre e á piscina; e tamén coas mellores vistas da paisaxe.

A gran pendente do terreo dicíanos que había que subir coa casa para mellorar as vistas e conectar con toda a zona de día e piscina cara ao sur. A forma de L da planta protexe dos ventos e crea un microclima. A vivenda desenvólvese na planta baixa, separando a zona de noite e a zona de día, tendo privacidade e orientación leste nos dormitorios. Así temos o sol da mañá nos dormitorios e orientación sur e oeste na zona de día para gozar do sol durante o resto do día.